[Dice la leyenda que en la véspera de la noche de
todos los santos, en el Monte del Gozo, en un claro
del bosque, se dan cita las meigas y preparan un
brebaje ofreciéndoselo a: "El Peregrino" el
cual sonre y fornica con ellas hasta el alba (avisad
al conde Lequio, que aquí tiene curro!!)]
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das santas Compañas.
Mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes,corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,falar dos gatos que andan á xaneira,guedella porca da cabra mal parida. Con este fol, levantarei as chamas deste lume queasemella ó do inferno e fuxirán as meigas a cabalo dassúas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixarde queimarse no augoardente quedando así purificadas.
E cando esta brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa almae de todo embruxamento.
Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume, a vós fago esta chamada:Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede que os espritos dos amigosque estean fóra, participen con nós desta queimada.